Galego • Español 

>>Campamentos de verán para persoas con discapacidade 2012

Campamentos de verán para persoas con discapacidade 2012


By ana - Posted on 18 Maio 2012

Aberto prazo de inscrición da Xunta de Galicia para a presentación de solicitude de praza nos CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2012

Persoas destinatarias:

 As persoas que:
.Teñan unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33%
.Teñan unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
.Vivan habitualmente no seu domicilio.
.Non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
.Presenten unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van desenvolver e coas características da instalación.

Modelo de solicitude e informe médico:

Formalizaranse nos impresos oficiais que estarán á súa disposición nos servizos de Dependencia e Autonomía Persoal e servizos de Xuventude e Voluntariado das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar; nos servizos sociais comunitarios e nas oficinas de información xuvenil dos concellos, así como na páxina web http://benestar.xunta.es/web/portal/campamentos-veran na que tamén se poden informar das características dos destinos.
*As persoas beneficiarias do título de familia numerosa terán unha bonificación do 50% no pagamento das taxas establecidas.
Para maior información pódense dirixir de forma gratuíta ao teléfono social
900 333 666.

Adxudicación

As prazas convocadas serán adxudicadas por unha comisión composta por representantes da Secretaría Xeral de Política Social.

A adxudicación farase tendo en conta as seguintes prioridades:
.As persoas que non participasen en anos anteriores.
.As persoas con autonomía persoal para as actividades da vida diaria, nas quendas de integración, e as que teñan maior necesidade de apoio, nas quendas específicas.

Prazo e lugares de presentación de solicitudes:

Ata o 31 de maio, incluído, para as prazas de integración.
Ata o 15 de xuño, incluído, para as prazas específicas.

Na Consellería de Traballo e Benestar
Secretaría Xeral de Política Social.
Servizo de Programas de Promoción da Autonomía Persoal.
Tel: 981 540 137. Edificio administrativo San Caetano, s/n.
15781 Santiago de Compostela.
Nas Xefaturas Territoriais:

A Coruña: Avenida de Salvador de Madariaga 9-1º, 15008
A Coruña. Tel: 881 881 239
Ferrol: Praza Camilo José Cela, 1º, 15403 Ferrol.
Tel: 981 337 290
Lugo: Ronda da Muralla, 70, baixo, 2, 27071 Lugo.
Tel: 982 294 224
Ourense: Avenida da Habana, 81 baixo, Ourense.
Tel: 988 386 120
Pontevedra: Rúa Fernández Ladreda, 43, 4º, 36003 Pontevedra.
Tel: 986 805 530.
Vigo: Rúa Concepción Arenal, 8, 36201 Vigo
Tel: 986 817 048.
Ou por calquera dos medios establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación