Galego • Español 

>>COLABORACIÓN VOLUNTARIA EN PARTIDO SOLIDARIO 4/09/2013 SANTIAGO SAN LÁZARO

COLABORACIÓN VOLUNTARIA EN PARTIDO SOLIDARIO 4/09/2013 SANTIAGO SAN LÁZARO


By susi - Posted on 28 Agosto 2013

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN: ENTREGA DE ENTRADAS GRATUÍTAS PARA O PARTIDO DE FÚTBOL SOLIDARIO ENTRE O COMPOSTELA E O CELTA (mércores 4/09/2013)
Dende os clubes de fútbol Compostela e Celta solicítannos colaboración no marco do partido solidario que está previsto para o mércores día 4 de setembro en San Lázaro.

Dito partido é gratuíto e en honor ás vítimas do accidente de tren do pasado 24 de xullo... e poden asistir calquera persoa ao mesmo, pero por motivos de seguridade tense que ir recoller previamente unha entrada para contabilizar o aforo de asistente, e aquí é onde solicitan o noso apoio.

Necesitamos persoas que voluntariamente esté no Estadio de San Lázaro o luns 2 e martes 3 en horario de 17.00 a 21.00 horas para entregar entradas ás persoas que as vaian recoller, e o mércores 4 como é o propio día do partido, o horario será dende as 17.00 ás 21.30 horas.

Evidentemente ditas persoas se queren tamén poden ir ao partido unha vez que rematen a entrega.

Se vos interesa colaborar nesta acción solidaria, contactade no teléfono info@amico.es

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación