Galego • Español 

>>En Santiago terá lugar nos próximos días, o a Semana Europea de Mobilidade organizado polo Concello de Santiago e TUSSA

En Santiago terá lugar nos próximos días, o a Semana Europea de Mobilidade organizado polo Concello de Santiago e TUSSA


By susi - Posted on 18 Septembro 2015

En Santiago terá lugar nos próximos días, o a Semana Europea de Mobilidade organizado polo Concello de Santiago e TUSSA.

Inclúe unha serie de actividades das que vos damos conta, para que participedes:

Actividades incluidas:
- O venres 18 de setembro, terá lugar a exposición de vehículos eléctricos na praza Roxa. A mostra poderase visitar de 16:30 a 20:30 horas.

- O luns 21 de Setembro, entre as 16:30-19:30h, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Av. Xoan XXIII s/n 15704), terá lugar o I Encontro de Traballo sobre Mobilidade, aberto á participación da veciñanza de Compostela.
Consistirá nunha breve mesa introductoria para presentar a temática e guiar as mesas de traballo posteriores, nas que dividirán todas as persoas asistentes.
O obxectivo das mesas de traballo é obter un documento de conclusións sobre o modelo de cidade no relativo á mobilidade.

A mesa que abrirá e guiará o encontro estará composta por:

* Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadáns do Concello de Santiago de Compostela.
* Salvador Rueda, Director da Axencia de Ecoloxía Urbana de Barcelona.
* Miguel Pazos, profesor titular da USC.
* Jacobo Lago, enxeñeiro de camiños.
* Daniel Díaz Grandío, concelleiro de mobilidade do concello da Coruña.

- o martes 22 de setembro, celebrarase o Día sen coche: Por iso en Compostela o transporte urbano será gratuíto, como xeito de promover o uso da rede de autobuses.

- o domingo 27 de setembro, está prevista na Alameda unha xornada lúdica ao redor da bicicleta. Entre outras actividades haberá unha xincana para nenos de entre 8 e 14 anos, un taller de mantemento da bicicleta, e unha pedalada con saída da Alameda e chegada á Praza do Obradoiro. Os detalles deste percorrido concretaranse nos próximos días, e publicaranse na web municipal e na web de Tussa. As inscricións tamén se deben facer no portal www.tussa.org.

Máis información: http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php…),

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación