Galego • Español 

>>Encontro persoas socias AMICO: 18 setembro

Encontro persoas socias AMICO: 18 setembro


By ana - Posted on 11 Septembro 2013

O día 18 de setembro de 2013 ás 17:00 horas terá lugar un encontro de persoas socias de AMICO no salón de actos da Casa das Asociacións (Cabes) en Salgueiriños.

O citado encontro terá como obxectivo que as persoas socias poidan coñecerse, facer rede, coñecer as actividades que ten postas en marcha a asociación, as maneiras de poñerse en contacto coa mesma, a súa páxina Web, Facebook e recoller demandas das persoas socias, entre outras.

Aquelas persoas que non sexan socias pero teñan algunha discapacidade poden acudir e coñecer a asociación e as actividades que está a levar a cabo; así como tamén poden asistir aquelas persoas voluntarias que están a participar nas actividades da asociación.

Animádevos a participar!

info@amico.es
teléfono contacto
678 739 030

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación