Galego • Español 

>>ESCOLA DE TENIS ADAPTADO EN SANTIAGO

ESCOLA DE TENIS ADAPTADO EN SANTIAGO


By ana - Posted on 21 Maio 2013

A FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS e o CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA colaboran con COGAMI dando a posibilidade de desenvolver unha ESCOLA DE TENIS ADAPTADO gratuíta durante dous meses na cidade de Santiago.

A actividade, dirixida a persoas con discapacidade, terá lugar os sábados durante dúas horas.

As clases terán lugar no Pavillón do Restollal (Emilio e Manuel, s/n) en Santiago de Compostela e disporemos de 20 prazas polo que faremos dous grupos de 10 persoas.

O horario da actividade será o seguinte: de 10:00 a 12:00 (GRUPO 1) e de 12:00 A 14:00 (GRUPO 2).

A presentación da actividade terá lugar nas pistas de tenis de Sar o vindeiro sábado 1 de xuño en horario de 12:00 a 14:00 horas e no marco da mesma realizarase unha CHARLA SOBRE O DEPORTE DO TENIS, unha EXHIBICIÓN DESTE DEPORTE así como unha CLASE PRÁCTICA. En dita presentación poderanse
formalizar as inscricións para a escola sempre e cando se presente a documentación esixida polo que é necesario contactar coa nosa asociación.

É imprescindible levar roupa e calzado deportivo tanto o día da presentación como no desenvolvemento da escola.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación