Galego • Español 

>>Escola de tenis adaptado en Santiago durante 2 meses.

Escola de tenis adaptado en Santiago durante 2 meses.


By susi - Posted on 17 Xuño 2013

Un grupo de persoas socias de AMICO participan con carácter gratuíto na Escola de Tenis adaptado durante os meses de xuño e xullo en Santiago.
Todo comezou o pasado 1 de xuño tras a presentación da xornada de tenis en cadeira que dende COGAMI xunto coa Federación de Tenis adaptado se leva a cabo en distintas localidades.
Así grazas a esta colaboración un total de 20 persoas procedentes de entidades como AMICO, Amarai de Arzúa e Terra de Melide participaron na xornada que tivo lugar nas pistas de tenis de Fontiñas.
Na xornada explicaron en que consiste o deporte de tenis en cadeira especificando as súas particularidades e, posteriormente fixeron unha exposición e clase práctica á que asistiron o Concellal de Deportes compostelán, o presidente do Comité Galego de Tenis Adaptado da Federación Galega de Tenis e o Presidente de COGAMI.
O resto de clases prácticas desenvolveranse os próximos sábados de xuño e xullo no pabillón do Restollal (rúa Emilio e Manuel) en dous grupos de 10:00 a 12:00 horas e de 12:00 a 14:00 horas. 

O tenis en cadeira é unha actividade que permite o acceso ao deporte das persoas con mobilidade reducida, proporcionando beneficios para a saúde dos que practican este deporte, xerando inclusión e socialización ao estar con outras persoas e o poder acercarse ao deporte adaptado.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación