Galego • Español 

>>Fins e Obxectivos

Fins e Obxectivos


Entre outros os fins da entidade son:
 

  • Defensa dos dereitos e da dignidade das persoas con discapacidade
  • Promover a plena integración escolar, laboral e social das persoas con discapacidade
  • Crear condicións para que as persoas socias poidan cumprir axeitadamente os fins da asociación
  • Promover actitudes sociais positivas cara as persoas con discapacidade.
  • Promover a lexislación axeitada que mellore a situación das persoas con discapacidade.
  • Participar na orientación, coordinación e impulso do Movemento asociativo no que estea integrado AMICO.
  • Reunir e difundir información xeral e especializada sobre a discapacidade
  • Representar as persoas asociadas.
  • Desenvolver estratexias, programas e actividades e servizos dirixidos ás persoas con discapacidade nas distintas etapas vitais.
  • Desenvolver estratexias, programas, actividades e servizos realcionados co voluntariado, deporte, ocio e tempo libre, formación e iniciativas económicas.
  • Actuar de acordo co principio transversal de xénero.
  • Actuar conforme ás premisas previstas na Convención Internacional das Persoas con Discapacidade.

 

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación