Galego • Español 

>>Inicio do Servizo de Fisioterapia II con novidades

Inicio do Servizo de Fisioterapia II con novidades


By susi - Posted on 05 Outubro 2012

AMICO retoma o servizo de fisioterapia II con novidades e maiores facilidades de acceso

 

 

Este ano continuamos co Servizo de fisioterapia que cofinancia a Deputación de A Coruña e que temos iniciado o pasado mes de novembro de 2011. Dende esa data son varias as persoas que se benefician de descontos nas sesións contratadas de fisioterapia, xa que concertamos coa Clínica de fisioterapia en Santiago de Compostela, COMBINA SOCIAL, S.L.
Durante o ano 2012 e ata o mes de maio de 2013 para continuar co servizo, a Xunta Directiva de AMICO acordou na reunión do pasado venres 28 de setembro, establecer uns novos criterios para acceder a este servizo.
Os novos criterios permiten que as persoas con discapacidade con menos recursos teñan oportunidade de continuar ou comezar o servizo de fisioterapia, posto que consideramos que moitas das persoas deixan de facer fisioterapia por parecerlles moi caro; Tamén apoiamos as persoas socias menores de idade posto que entendemos moi importante dar servizos á infancia.
Por último, mantemos a porcentaxe de axuda para o resto de persoas con discapacidade socias e ampliamos ás socias e socios colaboradores e ás persoas que son coidadoras non profesionais dunha persoa socia recoñecida pola Lei da dependencia.
En base a isto, é preciso adquirir a condición de persoa asociada para accer a este servizo. 

Quedamos a vosa disposición para resolver calquera dúbida e indicarvos os pasos a seguir para acceder ao servizo. APUNTÁDEVOS!!!


O SERVIZO DE REHABILITACIÓN II MODIFICA AS CONDICIÓNS DE ACCESO. Infórmate

 

 

 

 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación