Galego • Español 

>>IV OPEN INTERNACIONAL CIDADE DE A CORUÑA DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS

IV OPEN INTERNACIONAL CIDADE DE A CORUÑA DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS


By ana - Posted on 15 Abril 2014

Infórmasevos dunha actividade deportiva que terá lugar os días 8 e 9 de maio O OPEN INTERNACIONAL CIDADE DE A CORUÑA DE TENIS EN CADEIRA DE RODAS(para ver o torneo e tamén para participar en actividades varias).
O desprazamento e xantar corre da conta das persoas participantes, polo que a idea sería ou concertar un menú alí (poremos un máximo de 15 euros)ou levar cada un a nosa comida.

En función das persoas que vos anotedes imos buscar un transporte adaptado se fixera falta ou ver algún modo de ir (tren, etc...).

Hai que indicar:
Persoa interesada:
Teléfono:
Necesidades que presentas: (indicar se tes mobilidade reducida, usuario de cadeira de rodas, necesidades de intérprete ou outros):
Nº persoas con mobilidade reducida:
Indicar o día que prefieres: 8 ou 9 de maio.
Prefires xantar organizado ou levar a comida???:

Temos que enviar a lista de interesad@s nun breve prazo polo que se vos pide rapidez na resposta.

O programa será:
12:00 Chegada.

12:05- 13:00 Visita Exposición / Visionado torneo.

13:00 a 14:00 Presentación expositores e presentación de actividades a realizar.

14:00- 16:00 Xantar e visionado torneo.

16:00- 18:00 Actividade multideportiva.

Imos precisar persoal voluntario polo que as persoas que desexen participar como voluntarias terán que indicarnos a súa dispoñibilidade e os seguintes datos:
Nome, apelidos, Teléfono, día que poderían asistir (8 ou 9 de maio).

Quedando á espera das vosas novas, recibide un cordial saúdo.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación