Galego • Español 

>>O artista vigués Manuel Cobas presenta a súa obra pintada a acuarela e colabora coa asociación AMICO doándolle parte das vendas das súas obras

O artista vigués Manuel Cobas presenta a súa obra pintada a acuarela e colabora coa asociación AMICO doándolle parte das vendas das súas obras


By ana - Posted on 10 Xullo 2012

No día de onte, 9 de xullo, ás 19:00 horas, a sala de exposicións da Galería Sargadelos de Santiago (Rúa Nova, 16) acollía a inauguración da mostra do acuarelista vigués, Manuel Cobas (www.manuelcobas.es).
Na inauguración da mesma estiveron presentes a Presidenta de AMICO, Dna. Ana Balboa; a Concelleira delegada de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago de Compostela, Dna. Paula Prado; a Concelleira delegada de Réxime Interior, Persoal, Informática, Consumo e Atención ao Cidadán, Dna. Amelia González; o Concelleiro delegado de Mobilidade, Seguridade Cidadá, Tráfico, Grúa e ORA, D. Albino Vázquez; a Concelleira delegada de Medio Ambiente, Obras e Infraestruturas, Sanidade e Parques e Xardíns, Dna. María Castelao; a Concelleira delegada de Educación e Normalización Lingüística, Dna. Rebeca Domínguez; así como o pintor Manuel Cobas.
Ata o 14 de xullo, poderanse ver en Santiago as paisaxes mariñas, tema leitmotiv da obra deste autor, quen é capaz de plasmar a luz das vilas mariñeiras das Rías Baixas, que adoita retratar non só dende o seu estudio en Vigo, tamén dende o seu propio barco, outra das paixóns do autor.
Manuel Cobas contactou coa asociación Amico para ofrecerlle un agasallo durante o vinte aniversario que está a celebrar a entidade de persoas con discapacidade de Compostela. O artista comprométese a entregarlle á asociación unha porcentaxe por cada obra exposta que logre vender, unha iniciativa que Amico acolle con satisfacción.
A asociación Amico ten arestora asociadas 80 persoas con discapacidade da comarca compostelá ás que lles presta servizos de fisioterapia, ademais de servizos de información e asesoramento sobre os dereitos do colectivo da discapacidade, ademais de actividades de lecer.

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación