Galego • Español 

>>Persoas con discapacidade reactivan Amico para defender seus intereses

Persoas con discapacidade reactivan Amico para defender seus intereses


By adminacc12 - Posted on 18 Xuño 2011

A asociación de persoas con discapacidade AMICO, de Santiago e Comarca, acordou reactivar a súa actividade para defender os intereses do colectivo de persoas con discapacidade da zona.

Esta entidade comezou a funcionar no 1992.Integrouse na Federación de Asociacións COGAMI Coruña e nos últimos anos non estivo operativa como tal <<por diversos motivos como a falta de recursos e de instalacións, ademais de temas persoais de algúns dos membros da anterior xunta directiva>>, explica.

O sábado, día 25, celebran unha asemblea, no número 3 da rúa Dublín, á que están convocadas as 55 persoas que integran agora AMICO, dos municipios de Santiago, Ames, Vedra, Brión e Boqueixón, segundo indican. Nesa reunión exporán a situación actual da entidade, as contas e o plan de actuación que programan.

Cos gobernos locais.
Unha das actividades que prevén é manter reunións coas diferentes corporacións municipais dos concellos da comarca <<para que incorporen dun xeito efectivo a transversalidade da discapacidade na planificación das políticas e proxectos que se leven a cabo>>, sosteñen.

AMICO valora que nos últimos 20 anos houbo importantes avances, pero <<queda moito por facer en Santiago de Comarca con respecto á situación do noso colectivo de persoas con discapacidade>>.Dispoñen dun local na Casa das Asociacións.
 
ref.La Voz de Galicia 17/06/2011

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación