Galego • Español 

>>PILATES ADAPTADO A PARTIR DO MÉRCORES

PILATES ADAPTADO A PARTIR DO MÉRCORES


By susi - Posted on 29 Agosto 2014

O mércores 3 de setembro retomamos a actividade de pilates adaptado para persoas con discapacidade en Santiago de Compostela (zona Fontiñas) ata o mes de decembro.

O grupo de mañá son os mércores en horario de 10:00 a 11:00 horas, e terá lugar no centro sociocultural de Fontiñas, situada na rúa Berlín.
O grupo de tarde son os os mércores en horario de 18:00 a 19:00 horas e terá lugar na aula situada na rúa Dublín, Nº 3 baixos (Clínica Combina social)

Cada grupo terá un máximo de participantes con discapacidade, polo que será reducido, de cara a garantir a execución correcta dos exercizos supervisados por unha monitora titulada e con material axeitado (colchonetas, bolas, cintas, etc...)
Esta actividade desenvólvese por primeira vez na asociación dende o mes de marzo, grazas á colaboración económica da Deputación de A Coruña, e no marco do Servizo de Rehabilitación IV.

Ata o momento participaron na actividade de pilates adaptado un total de 11 persoas con discapacidade, e o grao de satisfacción das mesmas foi elevado, de aí que algunhas persoas repiten.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación