Galego • Español 

>>SERVIZO DE REHABILITACIÓN VII

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VII


By susi - Posted on 05 Xuño 2017

Consiste nun programa de actividades deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, a través de actividades grupais e individuais, nas que se fomenta a autonomía persoal e a participación das persoas con discapacidade. O Servizo conta con financiación pública a cargo da Deputación de A Coruña, no marco da convocatoria de mantemento de servizos os sociais FOAXE, e durante o ano 2017 xa imos pola sétima edición. Actividades que inclúe: - Sesións grupais de actividades acuático –terapéuticas. Colaboración de 9 €/mes - Sesións individuais de fisioterapia. Colaboración de en función da capacidade económica 5 €/sesión ou 10€/sesión. - Grupo de atención psicosocial. Colaboración Gratuíta - Sesións grupais de ximnasia e actividades físicas de mantemento. Colaboración de 9€/sesión. Son actividades adaptadas ás túas características e necesidades. Contamos con acompañamento e asistencia persoal. Son actividades dirixidas á promocion da autonomía persoal,a calidade de vida , a igualdade de oportunidades e a participación social son algúns dos obxectivos que ten este programa.
 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación