Galego • Español 

>>SERVIZO DE REHABILITACIÓN VIII

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VIII


By susi - Posted on 15 Maio 2018

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VIII.

AMICO un ano mais ofrece ás persoas con discapacidade de tratamentos e actividades de rehabilitación integral que lle permita desenvolver o seu proxecto vital, dotando a persoa de técnicas, estratexias e recursos para a vida diaria e en todos os ámbitos e incrementar a oferta de actividades axeitadas e mellorar e incrementar a súa autonomía persoal e participación social.

Trátase dun programa de actividades de servizos sociais dirixidos principalmente a persoas con discapacidade da provincia de A Coruña no marco da convocatoria FOAXE.

Integra as seguintes actividades:

Sesións de fisioterapia individual
Sesións de terapia ocupacional individual
Sesións grupais de ximnasia adaptada de mantemento
Sesións grupais de actividades acuático terapéuticas adaptadas que contan cos de acompañamento e asistencia persoal.
Sesións de atención psicosocial

Contacta coa asociación se desexas participar nalgunha das actividades.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación