Galego • Español 

>>Sesións de fisioterapia para persoas con discapacidade.

Sesións de fisioterapia para persoas con discapacidade.


By ana - Posted on 11 Septembro 2013

Por terceiro ano consecutivo a asociación AMICO retoma o servizo de rehabilitación dirixido a persoas con discapacidade que ten en marcha grazas á colaboración da Deputación de A Coruña.

O servizo consiste en ofrecer sesións de fisioterapia especializada unha vez a semana por parte das profesionais que ten a clínica de fisioterapia e hidroterapia situada na rúa Dublín, nº 3 baixos, en Santiago de Compostela.

O obxectivo é facilitar ás persoas con discapacidade que mais o precisan un servizo continuado de exercizos e tratamentos en sala que incrementen as capacidades psicomotrices e a autonomía persoal, reducción da dor, mobilizacións específicas, masaxes e outros tratamentos especializados que precise a persoa baixo as directrices da colexiada en fisioterapia.

O servizo está dispoñible os luns, mércores e venres en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, cita previa no teléfono 981 574 230.

Para participar, as persoas con discapacidade terán que asociarse a AMICO onde se lles ofrecerán todos os detalles da actividade e da propia entidade.

info@amico.es
teléfono contacto
678 739 030

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación