Galego • Español 

>>Xornada: “Abordaxe dende a fisioterapia e a terapia ocupacional das lesións de orixe neurolóxica”

Xornada: “Abordaxe dende a fisioterapia e a terapia ocupacional das lesións de orixe neurolóxica”


By susi - Posted on 23 Xuño 2017

Organizamos a seguinte xornada.
Xornada: “Abordaxe dende a fisioterapia e a terapia ocupacional das lesións de orixe neurolóxica”  
Data:  mércores 28 de xuño de 2017
Horario: 18:00 horas a 20:00 horas
Lugar e dirección: Rúa Dublín número 3, Baixos.  CP: 15707. Santiago de Compostela.
 
Dirixida a persoas con patoloxías de orixe neurolóxica (derivada de accidentes cerebrovascular ou ictus, hemiplexías, paraplexías, esclerose múltiple, esclerose lateral amiotrófica (ELA), parálise cerebral (PCI), Parkinson, Lesións medulares, lesións do sistema nervioso periférico, neuropatías, entre outras).
 

Poñentes:
Marta Dapena Gómez (Fisioterapeuta neurolóxica e Terapeuta Ocupacional)
Fernando García Cutrín (Terapeuta Ocupacional e Técnico en Produtos de apoio e adaptacións). 
 
Para inscribirse:
e-mail: info@amico.es
Teléfonos: 678 739 030 - 981 574 698
 

PROGRAMA:

  • - Presentación da asociación de persoas con discapacidade de Compostela e Comarca, AMICO.
  • - O Servizo de Rehabilitación VII: Programa de actividades dirixidas ás persoas con discapacidade, no marco da convocatoria de subvencións para mantemento de servizos sociais da Deputación de A Coruña.
  • - Colaboración especializada co Centro de fisioterapia Combina Social  sobre a abordaxe dende a fisioterapia e a terapia ocupacional das lesións de orixe neurolóxica: a ) Introdución ás principais lesións ou secuelas do Sistema Nervioso que cursan con afectación neurolóxica . Ictus- ACV, lesións medulares, Parálise cerebral, Parkinson. Esclerose múltiple, ELA, enfermidades neuromusculares, lesións do sistema nervioso periférico. Síndromes específicos b) Abordaxe dende a fisioterapia neurolóxica. Programa de tratamento dende a fisioterapia neurolóxica. Programa de tratamento. Obxectivos de intervención. Beneficios. c) Abordaxe dende a terapia ocupacional. - Programa de tratamento. Obxectivos de intervención. Beneficios.
  • - Rolda de preguntas.

 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación