Galego • Español 

>>Xornada de Pesca adaptada en Bembibre, sábado 22 de xuño

Xornada de Pesca adaptada en Bembibre, sábado 22 de xuño


By susi - Posted on 17 Xuño 2013

Un grupo de persoas socias de AMICO participarán este sábado 22 de xuño na Xornada de pesca adaptada que a asociación AVANTE (colectivo de persoas con discapacidade do Val do Dubra) organiza xunto coa asociación de pescadores O Renqueiro.
A actividade consistirá en pasar unha mañá pescando, unha comida campestre e actividades de música e baile (karaoke)

AMICO habilitará un bus adaptado para facilitar a participación das persoas socias con mobilidade reducida, e contaremos con persoal que nos axudará a que a actividade transcorra con éxito.
Se ben quedan detalles por organizar, a saída está prevista ás 9:45 horas da explanada de Salgueiriños en Santiago e o regreso prevese a partir das 17:30 horas.
 
Se desexas participar, infórmate! 
 
 

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación