Galego • Español 

>>Xuntanza con Xerardo Conde Roa Alcalde de Santiago

Xuntanza con Xerardo Conde Roa Alcalde de Santiago


By ana - Posted on 07 Xullo 2011

Xuntanza con Xerardo Conde Roa ás 18:15 horas da tarde nos baixos da Sede do Partido Popular no Concello de Santiago.

A iniciativa surxiu da carta remitida dende AMICO tras as eleccións municipais que o proclamaron gañador electo das eleccións.  Días despois, o Grupo Popular púxose en contacto con AMICO e establecemos a xuntanza para o martes 21 de xuño, á cal asistimos a Presidenta Ana Balboa e maila Secretaria Mª Jesús Pérez.

Nela tratáronse os seguintes temas:

- Presentación de AMICO e exposición da situación da entidade a Xerardo Conde Roa.

- Comunicación da próxima reunión da asamblea que se ía celebrar.

- Petición de información sobre as liñas que realizarán na área social cando tomasen posesión.

- Petición de que se reactiven as tarefas da Comisión Municipal de Servizos Sociais do Concello e se lle dea un pulo ao funcionamento da mesma, xa que no último par de anos non tivo case ningunha actividade.

- Os distintos intereses da asociación: colaborar co Concello na posta en marcha de propostas que melloren a situación das veciñas/os compostelás con discapacidade; conseguir que toda actuación do goberno municipal teña en conta a discapacidade en canto a obras realizadas, actividades planificadas, etc...; conseguir maior presenza de persoas con discapacidade en actividades e vida diaria no Concello; facilitar contactos necesarios; organizar actividades; control no cumprimento de eliminación de barreiras e prazas reservadas, etc...

Obtivemos expresamente:

- Que contásemos con él e o seu equipo.

- Deunos o contacto da persoa que levará temas de Benestar e Política Social, Paula Prado, coa cal contactaremos nos próximos días.

- Invitounos a que leramos o programa electoral do PP sobre todo na área social

- Agradeceunos que lle presentemos a asociación.

Etiquetas

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación