Galego • Español 

>>Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas

Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas


AMICO presenta en Milladoiro el SERVICIO DE REHABILITACION VIII

Xornada informativa sobre as vantaxes da rehabilitación dende a perspectiva da fisioterapia, a terapia ocupacional e a realización de actividade física entre as persoas con discapacidade.

Milladoiro acolle a xornada informativa que organiza a asociación AMICO para trasladar ás persoas con discapacidade do Concello de Ames as vantaxes que ofrece a realización periódica de tratamentos e actividade física adaptada baixo supervisión de profesionais.

A xornada que forma parte do SERVIZO DE REHABILITACIÓN VIII que a asociación presenta á Deputación da Coruña e conta coa colaboración do Concello de Ames a fin de ampliar o alcance deste servizo ao maior número de persoas interesadas.

As persoas asistentes poderán coñecer e consultar ao equipo de profesionais do Centro de rehabilitación Combina Social que se encargan dos tratamentos, as dúbidas ou consultas que lle xurdan respecto diso tras informarlles das ferramentas que poñerían á súa disposición.

Con estas xornadas a asociación quere conseguir un maior nivel de participación social, un mellor coñecemento corporal así como incentivar o autocuidado entre as persoas con discapacidade.

Terá lugar o vindeiro xoves 21 de xuño no local JUPEMI situado na rúa Figueiras 3, 15895 Ou Milladoiro, ás 17:30 horas.

Entrada libre ata completar aforamento.

Animámosvos a participar!

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VIII

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VIII.

AMICO un ano mais ofrece ás persoas con discapacidade de tratamentos e actividades de rehabilitación integral que lle permita desenvolver o seu proxecto vital, dotando a persoa de técnicas, estratexias e recursos para a vida diaria e en todos os ámbitos e incrementar a oferta de actividades axeitadas e mellorar e incrementar a súa autonomía persoal e participación social.

Trátase dun programa de actividades de servizos sociais dirixidos principalmente a persoas con discapacidade da provincia de A Coruña no marco da convocatoria FOAXE.

Integra as seguintes actividades:

Sesións de fisioterapia individual
Sesións de terapia ocupacional individual
Sesións grupais de ximnasia adaptada de mantemento
Sesións grupais de actividades acuático terapéuticas adaptadas que contan cos de acompañamento e asistencia persoal.
Sesións de atención psicosocial

Contacta coa asociación se desexas participar nalgunha das actividades.

Xornada: “Abordaxe dende a fisioterapia e a terapia ocupacional das lesións de orixe neurolóxica”

Organizamos a seguinte xornada.
Xornada: “Abordaxe dende a fisioterapia e a terapia ocupacional das lesións de orixe neurolóxica”  

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VII

Consiste nun programa de actividades deseñado para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, a través de actividades grupais e individuais, nas que se fomenta a autonomía persoal e a participación das persoas con discapacidade. O Servizo conta con financiación pública a cargo da Deputación de A Coruña, no marco da convocatoria de mantemento de servizos os sociais FOAXE, e durante o ano 2017 xa imos pola sétima edición.

SERVIZO DE REHABILITACIÓN VI

Programa desarrollado durante o ano 2016 que ya está finalizado. Contamos con el apoyo económico de la Diputación de A Coruña.

Programa finalizado.

En Santiago terá lugar nos próximos días, o a Semana Europea de Mobilidade organizado polo Concello de Santiago e TUSSA

En Santiago terá lugar nos próximos días, o a Semana Europea de Mobilidade organizado polo Concello de Santiago e TUSSA.

Inclúe unha serie de actividades das que vos damos conta, para que participedes:

Actividades incluidas:
- O venres 18 de setembro, terá lugar a exposición de vehículos eléctricos na praza Roxa. A mostra poderase visitar de 16:30 a 20:30 horas.

Servizo de rehabilitación V

O SERVIZO DE REHABILITACIÓN V que pon en marcha AMICO coa colaboración económica da Deputación de A Coruña, permitirá as persoas con discapacidade acudir a:
- sesións individuais de fisioterapia
- sesións grupais de natación acuática-terapéutica
- sesións de pilates adaptado, ou outras actividades físicas de mantemento.
- talleres e actividades de promoción da vida independente

Este servizo dará continuidade a actividades que desenvolve a asociación nos últimos anos, todas elas posibles polo apoio recibido da Deputación de A Coruña.

Solicita información.

PILATES ADAPTADO A PARTIR DO MÉRCORES

O mércores 3 de setembro retomamos a actividade de pilates adaptado para persoas con discapacidade en Santiago de Compostela (zona Fontiñas) ata o mes de decembro.

O grupo de mañá son os mércores en horario de 10:00 a 11:00 horas, e terá lugar no centro sociocultural de Fontiñas, situada na rúa Berlín.
O grupo de tarde son os os mércores en horario de 18:00 a 19:00 horas e terá lugar na aula situada na rúa Dublín, Nº 3 baixos (Clínica Combina social)

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación