Galego • Español 

>>Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas

Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas


ACTIVIDADE MULTIDEPORTIVA DÍA DECATHLON, 4 DE XUÑO

Estase a organizar unha Xornada Multideportiva en Santiago para o día 4 de xuño pola tarde, en horario de 16:00 a 19:00 horas, no que se dividirá as persoas participantes por equipos e deportes, para que compitan e pasen un día de convivencia con outras persoas, ademáis de ter tempo libre e recibir unha merenda.

Esta actividade realizarase no aparcadoiro da tenda de Santiago de Compostela e durará aproximadamente de 16:00 a 19:00 horas.

O desprazamento ata Santiago non está cuberto polo que cada persoa que queira participar terá que vir por si mesma, ben sexa con vehículo particular ou ben transporte público, e o punto de encontro xa será a propia tenda de Decathlon en Santiago.

Se queredes participar tedes que enviar os vosos datos e as necesidades de apoio que precisades de cara a xestionar mellor a actividade, xa que contaremos con persoal voluntario da tenda de deportes para facilitar a nosa aprendizaxe.

Tedes para apuntarvos esta semana.

DATOS PARA A INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE MULTIDEPORTIVA DÍA DECATHLON, 4 de xuño.

Nome e apelidos:

Teléfono:

Mail:

Preferencia de deporte que queres realizar: Deportes competición ou Deportes xogo recreativo?; Indicar cal:

Tes mobilidade reducida?:

Eres persoa usuaria de cadeira de rodas ou outra axuda técnica?: Indicar cal...

Outras necesidades de interese que poidan axudar á organización:

Mais información:

Esta actividade enmárcase nas accións que a área de lecer de COGAMI ofrece ás asociacións para que as persoas socias poidan participar nas mesmas, e enmárcase no marco do Día da Fundación Decathlon. A efectos informativos o ano pasado participaron unhas 50 persoas.

Quedamos á espera das vosas indicacións, recibide un saúdo.

AMICO pon en marcha o 2º curso de pilates adaptado

A entidade abre un novo prazo de inscrición para o 2º grupo de pilates adaptado e/ou actividades físicas de mantemento grupal, en horario de tarde para aquelas persoas que desexen participar.
Iniciarase o mércores 26 de marzo en horario de 18:15 horas a 19:15 horas,no centro sociocultural de Fontiñas. Recordade que son grupos reducidos de 5 ou 6 persoas, en función das persoas participantes, xa que se quere conseguir unha atención o mais individualizada dentro desta actividade grupal.

Curso de formación: Visitas guiadas accesibles en espazos naturais protexidos

Informamosvos deste curso por si vos interesara:

Entidade: Ambient Arte
Correo-e: isabel@ambientarte.es
Web ou Blog: http://ambientarte-blog.blogspot.com.es/
Modalidade: Presencial
Localidade: Vigo
Data límite: 07/02/14

Proxecto 100 denuncias100 en accesibilidade

 O  CERMI estatal pon en marcha o Proxecto 100 denuncias 100 en accesibilidade, co obxectivo de crear un catálogo de situacións que supoñen unha violación de dereitos das persoas con discapacidade, pola ausencia ou deficiencia grave en materia de accesibilidade que atopas día a día.

AMPLIACIÓN PROGRAMA VACACIÓNS IMSERSO-COCEMFE 2013 (PRIMAVERA 2014)

Na próxima primavera 2014, realizaranse varias quendas de Turismo e Termalismo correspondentes á Ampliación do Programa IMSERSO - COCEMFE 2013. Podedes consultar e descargar a información (folleto, solicitude, condicións e instrucións) no seguiente enlace:

http://www.cocemfe.es/vacaciones

Ademáis nos próximos meses de Febreiro e Marzo de 2014, vanse realizar catro quendas de Turismo e Termalismo "Especial COCEMFE". Nestas 4 quendas poderá participar calquera persoa, independentemente de si viaxou ou vai viaxar durante o Programa 2013 (Xuño 2013 - Maio 2014).

No caso de que as quendas solicitadas sexan para o próximo mes de Febreiro e Marzo, é conveniente enviala documentación á maior brevidade posible.

CEA DE NADAL AMICO

Terá lugar o venres 13 de decembro ás 22:00 horas no Sano Sanote Buffet-Grill na R/ Castiñeiras, 110 Baixo-Polígono Novo Milladoiro (Ames) .

As persoas socias que desexen anotarse, terán que facelo mediante correo electrónico a info@amico.es indicando nome, apelidos, teléfono de contacto, así como características e necesidades a ter en conta (exemplo: usuario/as de produtos de apoio como cadeira de rodas, necesidade de apoios ou algún
tipo de intolerancia alimentaria co fin de poder adaptarnos as súas necesidades na medida do posible).

A cea aboarase diretamente alí unha vez rematada: 12 e persoa.

MENÚ:
Aperitivos (fiambre, croquetas, tortilla)
Parrillada de carnes
Bebida, pan, postre e café.

En todolos menús inclúese buffet libre de ensalada.
Pódese cambiala carne por merluza á prancha ou á galega.

Animádevos!

Taller de resolución extraxudicial de conflitos

Actividade que se celebra o luns 4 de novembro de 17.00 a 19.00 horas na casa das asociacións de benestar social, CABES, Salgueiriños en Santiago.

A formación impartida polo licenciado en dereito Miguel Vieito Vilar, doutorando que colabora coa entidade de xeito habitual, terá un carácter práctico e estará dirixida a solventar dúbidas e casos sobre dereitos de consumo, presentación de reclamacións e queixas ante unha posible
vulneración de dereitos (como presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo, por exemplo).

AMICO conta co apoio da Asociación de Persoas Xordas de Santiago para este evento, e facilita para aquelas persoas que o precisan un intérprete que permite que continúen o taller sen dificultade.

O Taller de resolución extraxudicial de conflitos enmárcase dentro do programa Tardes con AMICO que a entidade desenvolve os luns laborais en horario de 17.00 a 19.00 horas en Salgueiriños, co obxectivo de constituír un espazo de encontro entre persoas asociadas no cal se realizan dinámicas de grupo para tratar diversas temáticas e/ou visionado de películas que logo se comentan e debaten entre o grupo.

A entrada é libre ata completar aforo e as inscricións pódense realizar por correo electrónico a: info@amico.es indicando o teu nome, apelidos e teléfono de contacto. Se a persoa ten necesidades derivadas da discapacidade terá que comunicárnolo para tomar as medidas oportunas.

Teléfono de contacto: 678 739 030

GRUPO DE PISCINA TERAPÉUTICA PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE

ANUNCIO!
Comunícase que as actividades de piscina que a entidade presta nas instalacións de AWASAN, Silvouta, Roxos, grazas a colaboración económica da Deputación de A Coruña modifican o seu horario.
 

Día do Voluntariado de Iberdrola, Vela adaptada en Sanxenxo

Un grupo de dez persoas socias de AMICO participaron este fin de semana no II Día do voluntariado de Iberdrola, en Sanxenxo.
 
As persoas participantes realizaron bautismos de mar en embarcacións de vela lixeira adaptadas, en galeóns, así como nunha embarcación neumática, e contarán co apoio de voluntarios de Iberdrola e do RCN de Sanxenxo.

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación