Galego • Español 

>>Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas

Accesibilidade, Fisioterapia, Información e Asesoramento, Lecer, Deportes, Institucionais, Asociativas


PROXECTO GAVEA 2011

Estimados/as compañeiros/as:

Estamos a elaborar o calendario de actividades do Proxecto GAVEA para esta
edición 2011 e gustaríanos saber se estades interesados en participar de cara a
poder organizalo e que todos e todas podades navegar no Laion ou participar na Escola de vela lixeira.

BAUTISMOS DE MAR EN ARES
Lugar: Club Náutico de Ares.
Horario: Saídas de tarde a partir das 16:30 horas.

Programa de Ocio adaptado no mar, PROXECTO GAVEA

Un ano máis, COGAMI organiza un Programa de Ocio adaptado no mar coñecido como PROXECTO GAVEA, Vela Adaptada. Consiste na realización de viaxes adaptados en barco de vela polas distintas rías galegas, ben sexa navegando no Laion ou participar na Escola de vela lixeira.

Asamblea anual de AMICO 2011

AMICO celebrou o pasado día 25 de xuño de 2011 na rúa Dublín, nº 3 baixos, 15707 en Santiago de Compostela, a asemblea anual que comezou as 11.30 horas  na que se reencontraron os socios da entidade.

 

Xuntanza con Xerardo Conde Roa Alcalde de Santiago

Xuntanza con Xerardo Conde Roa ás 18:15 horas da tarde nos baixos da Sede do Partido Popular no Concello de Santiago.

A iniciativa surxiu da carta remitida dende AMICO tras as eleccións municipais que o proclamaron gañador electo das eleccións.  Días despois, o Grupo Popular púxose en contacto con AMICO e establecemos a xuntanza para o martes 21 de xuño, á cal asistimos a Presidenta Ana Balboa e maila Secretaria Mª Jesús Pérez.

Compartindo necesidades

O pasado mes de maio representantes de Amico reunimonos cos promotores do grupo de facebook Compostela sen Barreiras, creado polos pais dunha nena con discapacidade que se despraza en cadeira de rodas, fartos da falta de accesibilidade da cidade.

Persoas con discapacidade reactivan Amico para defender seus intereses

A asociación de persoas con discapacidade AMICO, de Santiago e Comarca, acordou reactivar a súa actividade para defender os intereses do colectivo de persoas con discapacidade da zona.

Esta entidade comezou a funcionar no 1992.Integrouse na Federación de Asociacións COGAMI Coruña e nos últimos anos non estivo operativa como tal <<por diversos motivos como a falta de recursos e de instalacións, ademais de temas persoais de algúns dos membros da anterior xunta directiva>>, explica.

 
 

Campaña de asociación

  • Campaña de asociación